Frigoríficos

A eficiencia dos teus electrodomésticos permitirache aforrar

Como funciona?

Os frigoríficos clasifícanse segundo a súa tecnoloxía, os que existen no mercado son: Conxunto, dúas portas, combinado e Side by side. Ademais de pola súa tecnoloxía, na actualidade, clasifícanse os frigoríficos en panelables, encaixables ou de colocación independente na cociña.

 

Que equipo comprar?

Para este tipo de electrodomésticos ademais de existir as clases do A+++ ao D aprobáronse dúas novas clases enerxéticas aínda máis eficientes que as anteriores, son a clase A+ que abrangue a todos aqueles aparatos que teñen un consumo inferior ao 42% do consumo medio dun aparato equivalente e a clase A++ cun consumo inferior ao 30%.

Procura comprar frigoríficos con clase enerxética A+ , A++ ou A+++  xa que aforrarás enerxía e ademais reducirás a túa factura.

É moi importante a elección dun frigorífico que se adapte ás necesidades reais, é dicir, que o tamaño e as prestacións deste sexan as axeitadas. Ademais existen no mercado modelos de frigoríficos chamados "non-frost", que realizan unha circulación de aire continua para evitar a formación de xeo e xeada.


 

Canta enerxía consome?

O consumo do frigorífico depende das súas características: capacidade, número de compresores, sistemas de desconxelación, disposición..., e da eficiencia enerxética do aparato.
O consumo medio dun frigorífico combi cunha capacidade de 320 litros útiles con clasificación enerxética D é de 594.95 kWh/ano, mentres que un frigorífico das mesmas características coa máxima eficiencia, cualificación enerxética A++, pode chegar a consumir tan só 197.1 kWh/ano, aforrando ata un 70% de enerxía con respecto ao primeiro.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477477808798

argssite - GNF