Consellos de iluminación

A mellor iluminación co mínimo consumo.

Cada cuarto da túa casa necesita un tipo de iluminación distinta. Se dispós das
bombillas e lámpadas máis eficientes nos lugares axeitados, conseguirás un
ambiente agradable co mínimo consumo de luz.
  • Utiliza as lámpadas e bombillas máis eficientes

    As lámpadas de clase A consomen 3 veces menos que as de clase G, por iso, debes fixarte na clase enerxética da lámpada que vaias comprar.

    Ilumina o teu fogar con lámpadas de baixo consumo e fluorescentes.. Cando necesites unha luz de maior calidade, para iluminar cadros, fotos ou algún recanto que queiras resaltar, utiliza halóxenos de baixo consumo ou LED.

    Se substitúes o 25% das lámpadas incandescentes da túa vivenda que permanecen acendidas durante máis horas ao día, por lámpadas fluorescentes compactas podes reducir ata un 50% do consumo eléctrico en iluminación na túa vivenda. Ademais, as lámpadas de baixo consumo duran entre 8 e 10 veces máis que as incandescentes convencionais.
  • Ilumina segundo as túas necesidades reais

    Ten varios niveis de iluminación, xa sexa con reguladores ou usando distintos interruptores para diferentes zonas do cuarto. Así poderás ter o nivel de iluminación que precises en cada momento e en cada zona.

    A utilización de cores claras nas paredes diminúe de forma importante as necesidades do nivel de iluminación, e afórrase, polo tanto, na potencia de iluminación. Aproveita a luz do día utilizando nas ventás e nas cortinas cores claras e tecidos que sexan lixeiros para permitir a penetración da luz solar.
  • Controla o acendido e apagado das luces

    Non é conveniente acender e apagar os fluorescentes con frecuencia, polo que é mellor colocalos en estancias onde o tempo de uso é máis longo, como as cociñas. E recorda, se só vas abandonar o cuarto uns minutos, é mellor non apagar os fluorescentes, xa que o seu consumo no arranque é elevado. Aforrarás e alongarás a vida das túas lámpadas.

    En locais de pouco uso: despensas, sotos, adegas etc. é conveniente colocar detectores de presenza para que o acendido sexa automático, e aforrar así enerxía.

    Utiliza luces exteriores equipadas con fotocélulas ou temporizadores, para que se apaguen soas durante o día.
  • Se mantés as lámpadas limpas, aforrarás máis

    A limpeza e bo estado das lámpadas e luminarias da vivenda pode dar lugar a un aforro de ata un 20% no consumo de electricidade en iluminación. Unha lámpada sucia ou en mal estado pode chegar a perder ata un 50% de luminosidade. Tamén debes limpar as pantallas das luminarias e todos os elementos que axuden a reflectir e expandir a luz.
Consellos iluminación

Contámosche como iluminar todas as salas e cuartos da túa casa.
 
  • Iluminación salón
    Sala

    Como iluminamos un espazo que ten distintas zonas de ocio.

    Saber máis
     
  • Iluminación Cocina
    Cociña

    As zonas de traballo deben estar ben iluminadas.

    Saber máis
     
  • Iluminación Habitaciones
    Cuartos

    Ilumina o teu cuarto para crear un ambiente agradable.

    Saber máis
     
  • Iluminación Despacho
    Despacho

    Ilumina o teu despacho para traballar a gusto.

    Saber máis
     
  • Iluminación cuartos de baño
    Cuartos de baño

    Potencia a iluminación xeral do cuarto de baño.

    Saber máis
     

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477693819770

argssite - GNF