Cuartos

Ilumina o teu cuarto para crear un ambiente agradable.

Nos cuartos é aconsellable asegurar unha boa iluminación xeral e
reforzar algúns recantos con iluminación específica, como na mesa de noite ou no gardarroupa.
  • Como se deben distribuír as lámpadas?

     Nas ventás non utilices cortinas moi tupidas e aproveita a luz natural durante o día.

    Preto dos espellos precísase unha boa iluminación para que a luz se reflicta.

    Para a cama utiliza lámpadas orientables individuais, que facilitan a lectura e proporcionan unha luz intensa pero orientada.

    Para os armarios,  orienta os focos do teito ou as filas de halóxenos cara ás súas portas. Desta forma evitas cegamentos e ofreces amplitude ao cuarto.

    Para o cuarto dos nenos, dispoñerase dunha boa iluminación xeral, capaz de iluminar axeitadamente o chan e as paredes, co fin de non deixar ningún recanto escuro. Coloca unha lámpada de teito central ou unha plataforma con tres ou catro focos orientados.
  • Que lámpadas son as axeitadas?

    iluminación xeral pódese axeitar con tubos fluorescentes T5 de 28 W, que dan a mesma iluminación que os T12, de 40 W. Se polo tipo de lámpada que vas utilizar non podes usar tubos fluorescentes, opta por lámpadas de baixo consumo, de 15 W ou 20 W, en función do tamaño do cuarto e do número de lámpadas.

    No cuarto dos nenos, polas noites, non deixes acendidas lámpadas de luz de incandescencia. A mellor solución para facilitar unha iluminación tenue son os led decorativos.

    Se queres consultar con máis detalle os diferentes tipos de lámpadas que hai no mercado, fai clic aquí.  
  

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477494674676

argssite - GNF