Como resposta ao impacto da guerra en Oriente Medio e á forte volatilidade do gas e do petróleo, o Goberno, a través do Real decreto lei 7/2026, aprobou medidas urxentes para conter o custo enerxético.
Cales son estas medidas?
Axuda na factura de electricidade:
· O IVE pasa do 21 % ao 10 % para os contratos cuxa potencia non supere os 10 kW
· O Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) redúcese do 5,11 % ao 0,5 %, cun mínimo garantido de 1 €/MWh
Axuda na factura do gas:
· O IVE pasa do 21 % ao 10 % para todos os consumidores
· O Imposto Especial sobre Hidrocarburos (IEH) baixa a 0,00108 €/kWh
A rebaixa do IVE aplícase a todas as facturas emitidas a partir da data de entrada en vigor do decreto, con independencia de cando se realizase o consumo, e será vixente ata o 30 de xuño de 2026.
Cambios de potencia de clientes autónomos e empresas:
Poderás solicitar un cambio de potencia, con independencia de que a modificases voluntariamente nos últimos 12 meses.
Se tes unha tarifa 3.0TD, 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD ou 6.4TD e reduces a potencia, os peaxes e cargos coa nova potencia contratada aplicaranse desde o día 1 do período facturado que inclúa a data de activación e ata o último día do período facturado que inclúa a data de modificación, sempre que esta última non supere os tres meses desde o 31 de marzo de 2027.
Estas modificacións de potencia realizaranse cun prazo de activación máximo de 5 días.
Estas modificacións non suporán custo ningún para ti, salvo:
Dereitos de extensión por incrementos de potencia contratada por enriba do limiar contratado antes da entrada en vigor deste RD-lei
Os pagamentos por supervisión de instalacións cedidas
Dereitos de actuacións na medida se as modificacións solicitadas supoñen un cambio de equipos de medida
Non se aplicarán dereitos de verificación en modificacións sobre instalacións de máis de 20 anos, sempre que a potencia a recuperar non supere a contratada antes da entrada en vigor deste RD-lei.