Nas túas facturas de luz, os prezos do Termo de Potencia e do Termo de Enerxía aparecerán sen impostos.
Actualmente, no caso da luz, aplícanse as seguintes medidas para mitigar a escalada de prezos e que verás reflectidas na túa factura:
IVE da luz: 10% para contratos con potencia contratada igual ou inferior a 10 kW. Para potencias superiores a 10 kW, o IVE segue sendo do 21%.
O Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) redúcese do 5,11 % ao 0,5 %, cun mínimo garantido de 1 €/MWh
Has de ter en conta que podes ver outros conceptos, como o alugamento de contador, financiamento do Bono Social, impostos, tarifa de acceso, peaxes ou un servizo de mantemento.
No tocante á compensación de excedentes, se no período facturado o teu tipo de autoconsumo xerou excedentes atoparás na túa factura este concepto, o número de kWh e o importe que hai que descontar no período facturado. E lembra, no mes seguinte comezaranse a contar os excedentes dende cero.