Técnico instalando aislamiento
Aforra enerxía e auga illando ben o chan e as túas canalizacións

Polo que ao illamento de chans e canalizacións se refire, é importante ter en conta diversos factores que inflúen neste.

Axudámosche a coñecer os principais materiais que se empregan para manter un illamento térmico idóneo e evitar fugas de auga.
 


"Cun bo illamento, o teu edificio consume menos enerxía."
Illamento de
chans



O máis habitual para o illamento de edificios é usar como material opolistireno. É un dos mellores illantes térmicos, é lixeiro e resiste a humidade e impactos. Non podrece, balorece ou se descompón.

"Un mal illamento implica perdas de enerxía e un dispendio de auga."
Tipos de materiais usados para o illamento de chans:

 Polistireno expandido (EPS) 
O coñecido como porexpán.
É menos denso que o extruído, polo que se usa para os interiores de paredes.



Polistireno extruído (XPS)
Incorpóranse pranchas de illamento térmico que, a ser posible, se aplican directamente sobre o pavimento ou sobre unha capa de morteiro. Non deben quedar expostas á aplicación final de uso, polo que precisa realizar un acabado con outros produtos.

 
Illamento de
canalizacións



Nas vivendas que posúen conducións de auga quente, tanto para calefacción coma para auga quente sanitaria, é importante un correcto illamento das canalizacións.

Se temos perdas, alcanzar a temperatura axeitada é moito máis custoso.
Materiais para illamento de canalizacións

Os materiais máis eficientes son:

Escuma elastomérica (XPS) 
É unha escuma flexible fabricada con caucho natural ou sintético.


Escuma de polietileno (XPS) 
É unha escuma polimérica orgánica de estrutura celular pechada, que é tamén un material flexible.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477494626560

argssite - GNF