Axudámoste a entender a túa factura Naturgy

Poñemos á túa disposición toda a información que precisas para entender a túa factura de luz e gas.

Unha factura debe ser clara e comprensible

Unha factura debe ser clara e comprensible

Sabemos que é complexo, e por iso clarificámosche os conceptos principais

Información do cliente

Información do cliente

Aquí encontrarás os teus datos persoais como cliente.

Enderezo de subministración

Enderezo ao que Naturgy facilita a subministración de electricidade.

Número de factura

É o código numérico único que se lle dá a cada factura para facilitar a súa busca.

Data de emisión

É a data na que Naturgy xera a factura. Non coincide coa data de cargo bancario.

Data de cargo

É a data na que se realiza o cargo bancario do importe da factura, na conta na que se domiciliou o seu pagamento.

Número de referencia

Código numérico único que axuda a localizar o contrato e identificar o cliente.

Nome e enderezo de correspondencia

Se non tes activada a factura online, neste enderezo postal recibirás a factura en papel.