Como consulto o meu consumo actual de luz?
Nunca foi tan doado!
Accede na túa Área Clientes á sección de “Asesoramento Enerxético” que atoparás a pé da páxina principal ou na sección Asesorámoste.
Como primeiro paso, terás que aceptar que recollamos os teus consumos horarios desde a túa distribuidora de luz. Cando nos autorices, tardaremos uns tres días laborables en habilitar a conexión.
Unha vez conectado, poderás coñecer o teu consumo de luz real en curso a día vencido, é dicir, saber o que estás a consumir agora, no mes actual, sen esperar á factura. Dámosche o dato en kWh totais e por franxas horarias de enerxía (punta, chairo e val).
Se despregas a sección, podes acceder ao teu detalle por ano, mes ou día, así como os consumos acumulados. Ademais, comparamos o teu consumo co dos teus veciños por código postal.
Xa ves!, cun clic podes controlar o teu consumo de luz actual e actuar sobre a túa eficiencia enerxética.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!