A Batería Virtual Solar é o noso servizo dixital que maximiza o rendemento da túa instalación solar, o que che permite rendibilizar o 100 % da enerxía xerada e achegar a túa factura a 0 €. Funciona coma un peto dixital que che permite acumular saldo en euros pola enerxía producida, non consumida nin compensada, polo límite da regulación vixente (RD 244/2019). Este saldo poderás aplicalo de forma doada e flexible ao pagamento do importe global das túas facturas, xa foren de luz, de gas ou de servizos, e tanto da túa vivenda onde teñas as placas solares coma noutras subministracións das cales sexas o titular.
Poderás elixir entre dous posibles modos de xestión para utilizar o saldo. O que se asigna por defecto é o modo automático: neste, o saldo dispoñible utilizarase para compensar o importe das túas facturas por orde cronolóxica de emisión e ata conseguir que o importe que tes que pagar sexa cero (inclúe tamén o importe doutros servizos contratados con Naturgy, así como calquera outro concepto incluído na factura). Alternativamente, poderás elixir o modo manual, a través do cal, dende a Área Clientes, poderás indicar o importe que desexas aplicar e o enderezo de subministración sobre a que aplicar ese importe, cada vez que queiras utilizar o saldo dispoñible.
Dende a Área Clientes, accedendo á sección de Batería Virtual Solar, tamén poderás consultar o saldo dispoñible e os teus movementos, e cambiar o modo de xestión do saldo.