1 2

Consulta nuestro horario de atención a la contratación.

Chámanos gratis. Ou déixanos o teu teléfono e chamámosche.

O número introducido é incorrecto. Por favor, inténteo de novo. Grazas.
Chámame

Ola
Área de clientes

Seguridade na túa instalación de gas e electricidade

Coñecer e comprender os riscos asociados ás instalacións de gas e electricidade é necesario para mellorar a seguridade. Para eliminar fontes de risco, abonda con aplicar a normativa vixente e seguir un conxunto de boas prácticas.

Consellos de seguridade para instalacións de gas

Mantemento: As instalacións de gas deben manterse en bo estado mediante inspeccións periódicas.

Ventilación: As redes de ventilación e as saídas de gas non deben obstruírse baixo ningún concepto.

Prevención: As chaves de paso deben pecharse en ausencias prolongadas para evitar accidentes.

Garantía: A instalación só pode ser modificada por unha empresa autorizada.

Notas olor a gas? Sigue os seguintes consellos!

Abre porta e ventá para que o local quede ben ventilado.

Non manipules aparatos eléctricos nin interruptores.

Non xeres chamas, faíscas, e non fumes.

Pecha os mandos dos aparatos de gas e a chave xeral de paso.

Segue ulindo a gas? Chama o noso teléfono de urxencias 900 750 750.

Sae do edificio e espera a que acudamos a inspeccionar a túa instalación.

Consellos de seguridade para instalacións eléctricas

Comprobación

É aconsellable que o interruptor xeral e o cadro de mandos se sitúen en puntos de doado acceso.

A tensión dos electrodomésticos e dispositivos informáticos ha de ser a axeitada.

É conveniente que as luces estean lonxe de paredes e cortinas.

O diferencial debe funcionar correctamente. Pola contra, é necesario poñerse en contacto cun instalador electricista autorizado.

Manipulación

Electrodomésticos ou dispositivos informáticos: de manipular equipos eléctricos, é necesario apagalos primeiro e logo desenchufalos tirando da caravilla illante, nunca do cable.

Interruptores automáticos: é aconsellable non manipular os interruptores automáticos para que funcionen libremente en caso dun fallo na instalación.

Conexións múltiples: sempre debe usarse un enchufe para cada receptor co fin de evitar sobrequentamento.

Precaucións

Os aparatos con cables pelados, caravillas rotas ou enchufes deteriorados non deben usarse.

Se un dispositivo dá cambra, bota fume ou desprende un cheiro raro, chama un técnico especialista.

As pantallas e os percorridos de cable non deben colocarse xunto a focos de calor.

Evita tocar os equipos eléctricos coas mans ou os pés mollados.

Recorda que en caso de incidencia debe cortarse a electricidade.