Sabemos que moitas veces custa entendernos coa lavadora, por iso traémosche o tradutor e algúns tips e consellos.
Isto é o que os teus electrodomésticos queren dicirche
Isto é o que os teus electrodomésticos queren dicirche
Selecciona Lavadora no seguinte despregable e descobre o que significan todas as iconas do teu electrodoméstico.
Selecciona el icono que deseas traducir
Símbolo do compartimento onde vai o suavizante que fai que che ula a roupa a cousas bonitas.
Programación diferida
Opción que permite programar o final do lavado á hora que ti queiras. Así, aínda que esteas fóra da casa, a lavadora non terminará e a túa roupa non collerá humidade.
Centrifugado
Programa que serve para que o centrifugado vaia máis rápido ou máis lento. A maior rapidez, máis engurras.
Rápido eco
Programa que permite aforrar tanto auga como enerxía. Os tecidos e o mundo agradecerancho.
Fácil de pasar o ferro
Programa que deixa a túa roupa con menos engurras do habitual grazas á redución de velocidade ao final do centrifugado. Menos engurras, máis guapos e guapas.
Selección de auga
Programa que permite seleccionar un nivel de auga máis alto ou engadir un ciclo de aclarado ao lavado e así eliminar os químicos da roupa.
Prelavado
Programa aconsellado para roupa moi sucia. Engade deterxente na caixiña I e II ademais de apertar este botón. Adeus sucidade!
Programas curtos
Para cargas pequenas e roupa pouco sucia. Con estes programas, utiliza menos deterxente do habitual. Aforrar sempre é unha boa idea.
Aclarado
Programa para aclarar a roupa lavada á man ou a que saíu cun pouco de xabón tras outro programa.
Máis claro ca auga. Programas curtos: para cargas pequenas e roupa pouco sucia. Con estes programas, utiliza menos deterxente do habitual. Aforrar sempre é unha boa idea.
Desaugadoiro e centrifugado
Programa para completar o baleirado da máquina e programar un centrifugado a toda velocidade. Perfecto para cando enches moito ou moi pouco a lavadora e non se realiza o centrifugado correctamente.
Delicados
Programa ideal para pezas delicadas xa que alterna momentos de lavado con outros de pausa.
Mimará as túas prendas.
Lavado á man
Programa que realiza varios aclarados e un centrifugado lento para que a roupa non se estrague.
E sen mollar as mans.
La
Programa para prendas de la que poden meterse na lavadora. La contenta, ovella contenta.
Bebé
Programa para lavar a roupa do bebé e desinfectala. Establece unha temperatura mínima de 60º.
O programa máis feito da lavadora.
Sen centrifugado
Se o tambor non contén suficiente roupa estaremos desperdiciando enerxía xa que habería un exceso de velocidade para pouca roupa polo que, nalgúns programas, a lavadora pode non centrifugar correctamente.
Símbolo de camisas/blusas
Programa para camisas e blusas. O centrifugado é menor para evitar engurras. Non lle deas máis voltas.
Roupa branca
Programa só para roupa branca de algodón. Ola branco, adeus gris.
Símbolo de deporte/sport
Para pezas deportivas. O programa máis en forma.
Símbolo dunha almofada
Programa para lavar a roupa de cama e así poder soñar cos anxos e contar ovellas.
Algodón e prelavado
Programa para eliminar as manchas máis resistentes da roupa branca de algodón. Recoméndase engadir máis deterxente no compartimento I da caixiña.
Programas mix
Programas que permiten lavar roupa de diferentes tecidos e cores xuntos. Lavan a roupa a unha temperatura bastante máis baixa que os de roupa branca. Para os que non teñen tempo de separar.
Programas eco
Programa adecuado para limpar a sucidade normal do algodón, pero cun aforro de enerxía e auga. Ecoloxicamente limpo.
Programas sintéticos
Para roupa de tecidos sintéticos. Está configurado para que se produzan menos engurras. Despídete das engurras.
Símbolo de roupa escura
Programa para pezas de cor negra e vaqueiros. Os tecidos manterán a súa cor orixinal nos lavados.
Símbolo antialerxias
Programa para peles sensibles. Aumenta a temperatura e fai máis aclarados. Recomendable para roupa de bebé.
Símbolo do compartimento onde vai o deterxente nas bogadas habituais.
Símbolo do compartimento onde vai o deterxente cando fas prelavado. É dicir, aconsellado para lavar roupa moi sucia.
Clasificación das lavadoras
Clasificación das lavadoras
-
Polo tipo de carga
As de carga superior posúen velocidades de centrifugado inferiores.
-
Pola velocidade de centrifugado
As máis usuais van de 500 r.p.m. a 1300 r.p.m. Algunhas lavadoras incorporan sistemas de equilibrado e centrifugado gradual para reducir as tensións.
-
Polos programas de funcionamento
Os máis eficientes son o programa económico, o lavado curto, o lavado con auga fría e o lavado a media carga.
Uso e mantemento
Uso e mantemento
Reduce o consumo enerxético
Reduce o consumo enerxético
-
Agrupa a roupa
Segundo a clase de tecido, programa e temperatura.
-
Elixe ciclos de auga morna ou fría
Só necesitas auga quente en caso de manchas difíciles.
-
Utiliza deterxentes líquidos
En caso de usar deterxente en po, dilúeo en auga para que a lavadora traballe menos.
-
Usa a dosificación adecuada de deterxente
A súa utilización en exceso provoca que a escuma faga traballar de máis o motor.
-
Mantén limpo o filtro
Así evitarás obstrucións e mellorará o funcionamento do aparello.
-
Usa descalcificadores
Para eliminar as impurezas e cal do filtro.
Aforra na túa factura
Aforra na túa factura
Que equipo mercar?
- Fíxate na etiqueta enerxética e en especificacións como a eficacia de centrifugado ou do consumo de auga e de enerxía por ciclo de lavado.
- Adquire lavadoras de clase A+, A++, A+++ con diferentes ciclos de lavado e que ofrezan a elección da temperatura de lavado.
Canta enerxía consome?
- Unha lavadora de clase enerxética A consume uns 171 kWh/ano, e unha clase D, 377 kWh/ano. A clase A pode supoñer un aforro de 370 € ao longo da súa vida útil.
Reduce o consumo enerxético
Reduce o consumo enerxético
- Pon a auga á menor temperatura posible. Entre o 80 % e o 85 % da enerxía que gasta unha lavadora prodúcese ao quentar a auga. Reducir a temperatura a 15 ºC reduce o consumo de enerxía á metade.
- Carga a lavadora ao máximo da súa capacidade. Rendibiliza o consumo enerxético de cada lavado. Dous ciclos de lavado a media carga consomen máis que un a carga completa.
- Adquire lavadoras con programas de centrifugado potente (1200-1500 r.p.m.). Así reducirás o uso da secadora, que consome moita máis enerxía. Un centrifugado de alta velocidade é máis eficaz que outro de menos potencia e consomen case o mesmo.
Estragouse o teu electrodoméstico?
Estragouse o teu electrodoméstico?
Contrata Servielectric: Servizo de reparación de electrodomésticos e mantemento do aire acondicionado cun 15 % de desconto.
- Reparación urxente en menos de 3 horas
- Garantía de 6 meses en reparacións
- Na túa casa 24 h todos os días do ano
- Desprazamentos e 3 h de man de obra gratis