Entende os símbolos do teu microondas
Sabemos que moitas veces custa entendernos co microondas, por iso traémosche o tradutor e algúns tips e consellos.

Isto é o que o teu microondas quere dicirche
Isto é o que o teu microondas quere dicirche
Selecciona Microondas no seguinte despregable e descubre o que significan todas as iconas do teu electrodoméstico.
Selecciona el icono que deseas traducir
Combi 1
Programa no que o 30 % do tempo corresponde ao microondas e 70 % ao gratinador. Ideal para peixe, patacas e gratinados. Deliciosidade en estado puro.
Combi 2
Programa no que o 49 % do tempo corresponde a microondas e 51 % ao grill. Ideal para pudin e tortillas. Con dous ovos. Ou máis
Combi 3
Programa no que o 67 % do tempo corresponde ao microondas e 33 % á grella. Ideal para aves e carnes. Como estar no ceo, pero na terra.
Potencia media alta
Programa para cociñar alimentos resistentes. Potente, pero non tanto. Así os alimentos non quedan secos.
Desconxelar
Desconxelar alimentos antes de pasar a cociñar.
Grella
Programa para asar alimentos. Amar está ben, pero asar está mellor.
Potencia alta
Programa para quentar e cocer máis rapidamente. Tamén serve para desconxelar produtos precociñados. Ollo, que queima!
Potencia baixa
Programa para quentar alimentos ou líquidos de pequeno tamaño. Pequenos alimentos, grandes pratos.
Potencia media
Programa para cociñar alimentos delicados, así como cocer ao baño maría. Como un abrazo quentiño.
Clasificación dos microondas
Clasificación dos microondas
.webp)
Sen grella
Sen grella
.webp)
Con grella
É o modelo máis vendido do mercado.

Convección
Posúen un ventilador que fai circular o aire quente arredor da comida de forma uniforme.

Vapor
Basea o seu funcionamento nunha caldeira de alta eficiencia que xera vapor.

Que equipo comprar?
Que equipo comprar?
- O microondas consume menos tempo e entre un 60 e un 70% menos de enerxía que o forno. Por exemplo, quentar un litro de auga a 90 ºC consumirá 0,10 kWh, o que traducido en euros son 1,3 céntimos.
- Ademais, tampouco se perde enerxía ao abrir a porta como acontece co forno. En termos de eficiencia todo son vantaxes.
Canta enerxía consome?
Canta enerxía consome?
Elixe un microondas que teña o tamaño e a potencia axeitados ás túas necesidades reais. O seu funcionamento é distinto ao do forno. A máis cantidade de comida para quentar, máis potencia ou tempo necesita.

Estragouse o teu electrodoméstico?
Estragouse o teu electrodoméstico?
Contrata Servielectric: Servizo de reparación de electrodomésticos e mantemento do aire acondicionado cun 15 % de desconto.
- Reparación urxente en menos de 3 horas
- Garantía de 6 meses en reparacións
- Na túa casa 24 h todos os días do ano
- Desprazamentos e 3 h de man de obra gratis