Abre a Listaxe FAQs

Contratos

Como consigo un certificado de pagamentos?

Se precisas acreditar que estás ao corrente de todos os pagamentos nas túas facturas, podes solicitarnos un documento que certificará que non hai impagos na data de emisión do certificado.

Pídeo comodamente accedendo ao formulario de atención que che indicamos a continuación. Unha vez alí enche os campos, escolle o motivo “Débeda-Pagamentos” e no espazo titulado “Detalla o motivo da túa consulta” explícanos, por favor, o que necesitas concretamente.