Abre a Listaxe FAQs

Facturas

Contratos

Como activo a factura online?

É moi doado! Se aínda recibes as facturas en papel e queres pasar ao formato dixital, activa o servizo de Factura online na túa Área Clientes ou a app Naturgy Clientes.  

Unha vez activado, recibirás un email cada vez que se emita unha factura, cun mínimo de 7 días antes do seu cargo en conta. Coñecerás con antelación o importe e no correo terás a ligazón á túa factura en PDF para a súa consulta ou descarga.  

E aínda hai máis, os clientes con Factura Online teñen acceso tamén ao resumo dixital da súa factura, cos datos máis relevantes e un gráfico mensual dos seus consumos facturados.  

E agora si, como activar a factura online: accede á sección Facturas dende o menú superior, sitúate en cada un dos enderezos nos que queres activala e escolle a opción da dereita.