Por que varía o meu prezo da enerxía?
Explicámosche aquí os motivos polos que poderías ver diferenzas nos prezos de enerxía, é dicir nos €/kWh ou nos termos de potencia €/kW.
En primeiro lugar, os prezos comerciais que che ofrecemos ao contratar adoitan incluír no mesmo prezo descontos ou promocións, pero tamén os impostos. Ten en conta que:
- Os descontos teñen os seus propios prazos de validez, que poden ser inferiores á vixencia do prezo da enerxía.
- O Goberno pode decidir cambios sobre os impostos, a aplicar a partir da data que eles indiquen.
Con todo, agás que teñas contratada unha tarifa plana (cuxa cota o inclúe todo), en factura non che mostramos o prezo comercial nunha única liña, senón que o verás desagregado nas seguintes liñas:
- A do consumo.
- A do termo de potencia para punta e val.
- Os descontos (se os houbese).
- O imposto eléctrico e o IVE.
En segundo lugar, o Goberno inclúe conceptos regulados nas tarifas, tanto no consumo coma nos termos de potencia e pode decidir cambialos en calquera momento, á alza ou á baixa. Normalmente, faino a 1 de xaneiro. Se isto acontecese, o prezo axustaríase en consecuencia, tal e como recolle o teu contrato.
Recorda que as tarifas planas fixan a cota durante 12 meses, pero esta cota pode verse afectada polo punto anterior, dado que engloba tanto o consumo como o termo de potencia que inclúen os cargos e peaxes regulados do Goberno. O resto dos conceptos que se inclúen no total que hai que pagar da factura quedan fóra da cota e poden ter axustes.
Animámoste a que consultes a pregunta relacionada “Por que varía o importe da miña factura”, para coñecer outros motivos que poden modificar o importe da túa factura, máis alá do prezo da enerxía.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!