Como sei o que teño contratado?
É moi doado! Na Área Clientes ou na App Naturgy Clientes podes consultar que subministracións ou servizos tes contratados. Na sección Produtos do menú superior, terás informado o que tes contratado para cada enderezo.
Selecciona cada produto contratado e verás os seus datos máis relevantes como o nome da tarifa, as potencias eléctricas contratadas para cada período, a tarifa de acceso etc. Ademais, tes máis detalle sobre a túa tarifa en Mostrar descrición.
Por certo, como alternativa, tes a mesma información na túa factura, tanto no seu soporte dixital como en papel:
- Na alínea Detalle da túa factura poderás ver o nome da túa tarifa e o prezo aplicado como, por exemplo, podes ver aquí para un tipo de tarifa por uso e aquí para tarifa plana.
- Na alínea Os teus datos de subministración indicámosche a potencia contratada, a tarifa de acceso e a próxima data de renovación no caso de luz
.
Lembra que os nosos produtos non teñen penalización por permanencia!
Descarga a App da Área de Clientes
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!