Que facilidades teño para pagar as miñas facturas?
Tan importante é asegurar o pagamento como axustalo ao que realmente consomes. Por este motivo, dámosche información para ambos os dous temas.
Funcionalidades para axustar o teu pagamento:
- Evita lecturas estimadas enviándonos a túa lectura de gas ou de luz a través das nosas múltiples canles.
- Axusta a túa potencia eléctrica, tanto en período val como en período punta, ao que realmente necesitas.
- Controla o teu consumo actual de luz.
- Sigue os nosos consellos de aforro enerxético.
Nas preguntas inferiores dámosche o detalle para todas estas opcións.
Facilidades para o pagamento:
- Fracciona o pagamento da(s) túa(s) factura(s) en cotas mensuais, sen custo adicional. Para solicitalo, ponte en contacto connosco a través de calquera das nosas canles de atención dende aquí
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!