Abre a Listaxe FAQs

Facturas

Que é o financiamento do Bono Social que aparece na miña factura?

O cargo de Financiamento do Bono Social que aparece na túa factura aplícase por normativa e é obrigatorio. O Real decreto lei 06/2022 di que:

“O bono social será asumido polos suxeitos do sector eléctrico que participan nas actividades destinadas á subministración de enerxía eléctrica, incluíndo a produción, transporte, distribución e comercialización de enerxía eléctrica, así como polos consumidores directos en mercado”.

A partir do 1 de xullo de 2026, este custo será de 0,024688€/día que equivale a 9,011295€/ano.

Veralo nunha liña á parte na túa factura, co importe que corresponda segundo os días facturados.