Como solicitar a alta de gas sen ter instalación?
Se aínda non tes a instalación de gas a punto, explicámosche os pasos que debes seguir dende o inicio ata dispoñeres da túa subministración.
-
1. Inicio de alta
Se non tes instalación de gas no teu edificio nin na túa vivenda, deberás chamar a distribuidora de gas da túa zona. Consulta a túa aquí. A túa distribuidora estudará os traballos que haxa que realizar e presentarache unha valoración económica en caso necesario.
-
2. Obtención de licenza de obra
Será a mesma distribuidora quen obteña as licenzas e permisos para realizar os traballos necesarios na vía pública.
-
3. Construción das instalacións
Terás que contratar un instalador de gas autorizado para realizar tanto a instalación interior da túa vivenda/local (Instalación Receptora Individual - IRI) como a que aplique ás zonas comúns do edificio (Instalación Receptora Comunitaria – IRC).
Unha vez finalice, o instalador terá que entregarlle o Certificado de Instalación de IRI e o Certificado de Instalación de IRC á distribuidora, que dará de alta o CUPS .
-
4. Obras na vía pública
A distribuidora farase cargo das obras de canalización de gas na vía pública.
-
5. Elección de tarifa e contratación de subministración
Elixe a tarifa de gas de Naturgy que mellor se axuste ás túas necesidades e inicia a contratación.
Para contratar a subministración con Naturgy só necesitas:
- NIF/NIE/pasaporte do novo titular
- Datos bancarios para a domiciliación dos teus recibos
- Dirección da subministración
- Código CUPS
- Certificado IRI
Durante o proceso de contratación poderás elixir un servizo de mantemento de gas.
Coñecer as tarifas de gas para fogar
Coñecer os servizos de mantemento para fogar
-
6. Colocación do contador
Cando contrates, contactaremos de novo coa túa distribuidora para informala da contratación da subministración.
A distribuidora fará unha última revisión da instalación e, se todo é correcto, colocará o contador.
-
7. Inicio da subministración de gas
Unha vez instalado o contador, a distribuidora abrirá a subministración e o contrato quedará activo con Naturgy.
O prazo estimado para a activación do contrato é de 10 días.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!