Como facer un cambio de titular de luz ou gas?
O cambio de titular consiste en poñer os contratos de un enderezo a nome doutro titular, xa sexa persoa física ou xurídica.
É importante que o contrato estea a nome de quen consome a enerxía, porque no caso de non pagamento o titular será o responsable da débeda.
O cambio de titular debe pedilo sempre o novo titular, é dicir a persoa que quere poñer o contrato ao seu nome.
No caso do gas, recomendámosche que facilites unha lectura actual do contador para evitar que se lle facture o consumo anterior ao cambio. Utilizaremos esta lectura como a última do titular anterior (inicial para ti como novo titular).
Se xa es cliente, para cambiar gratuitamente o titular do teu contrato, accede á Área Clientes e fai clic sobre o botón Xestións no menú superior. Despois, para iniciar a xestión, entre as opcións do despregable, busca Contratar con Naturgy → Poñer contrato ao teu nome.👉
Se aínda non es cliente, podes utilizar o noso WhatsApp, dispoñible 24*7, escribindo ao 699 000 699 ou directamente desde aquí e selecciona Contratos/Cambio, ou ben, escoller calquera outra das canles de atención.
Antes de formalizar o cambio, faremos as comprobacións necesarias e poñerémonos en contacto contigo se fose necesario.
Lembra que o cambio será efectivo nun prazo aproximado de tres días e verase reflectido na próxima factura.
Por último, por favor, ten á man os datos do actual titular, porque chos pediremos.
Descarga a App da Área de Clientes
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!