Abre a Listaxe FAQs

Contratos

Como descargo a factura online, con ou sen sinatura dixital?

O de gardar facturas en papel é cousa do pasado! Telas todas dispoñibles na túa Área Cliente ou App Naturgy Clientes.

Unha vez localizada a factura, verás na mesma liña a icona de descargar factura en formato PDF. Ao premer nesta opción, visualizarás o arquivo no teu navegador. Se queres gardar e arquivar o documento, busca a icona de descargar e unha vez finalizada a descarga, podes arquivar e renomear o documento na unidade que queiras do teu dispositivo.

Se o que che interesa é descargar a factura con sinatura dixital, abre a icona dos tres puntiños e preme sobre a opción de descargar en PDF asinado (se non ves esta opción significa que a túa factura xa inclúe a firma dixital de Naturgy). Sigue os pasos descritos anteriormente. Unha vez descargado e gardado no teu dispositivo, abre o arquivo con Adobe Acrobat e verás a sinatura dixital no panel de sinatura.