Abre a Listaxe FAQs

Contratos

Se aínda non son cliente, como podo ser o novo titular dun contrato?

Se aínda non es cliente e queres ser o novo titular dun contrato existente, axudámosche dende aquí!

Utiliza o noso WhatsApp, dispoñible 24*7, escribindo ao 699 000 699 ou directamente preme o botón inferior. Selecciona Contratos/Cambio de titular e irémosche pedindo os datos do contrato que queres poñer ao teu nome, así como datos do titular actual e os teus como novo titular.

Nun prazo aproximado de tres días realizaremos o cambio de titularidade e darémosche de alta como cliente. A partir dese momento xa poderás entrar na Área Clientes para facer o seguimento do teu contrato.

Antes de formalizar o cambio, faremos as comprobacións necesarias e poñerémonos en contacto contigo se fose necesario.

Moitas grazas pola túa confianza e benvid@ a Naturgy!