Abre a Listaxe FAQs

Facturas

Contratos

Que tarifas de luz ofrecedes para o meu negocio?

Aconsellámosche tres plans para contratar luz, se o teu consumo anual é inferior a 400 MWh:

  • O Plan Fixo Luz: mantés o mesmo prezo €/kWh as 24 horas do día, durante 12 meses. Será útil se tes un consumo semellante ao longo do día ou se non podes controlar cando será o teu consumo. Só dispoñible para potencia contratada menor de 15 kW.

  • O Plan Fixo Luz con franxas horarias: tes diferentes prezos €/kWh por franxas horarias, pero son os mesmos para cada franxa durante 12 meses. É interesante se podes desprazar o teu consumo ás franxas máis baratas. Consulta as franxas horarias na pregunta relacionada inferior.

  • O Plan Variable Luz se prefires que o teu prezo se actualice mensualmente segundo o mercado e aproveitarte dos seus cambios. É con discriminación horaria. Tes diferentes prezos €/kWh por franxas horarias, pero son os mesmos para cada franxa durante 1 mes. Consulta as franxas horarias na pregunta relacionada inferior.

E podes cambiar de plan cando o desexes!