Novas contratacións

L-V de 8:00 a 22:00 h
S de 9:00 a 14:00 h
(horario peninsular)

Consulta nuestro horario de atención a la contratación.

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Chámanos gratis. Ou déixanos o teu teléfono e chamámosche.

O número introducido é incorrecto. Por favor, inténteo de novo. Grazas. Chámame

Atención ao cliente

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Ola
Área de clientes

Fai crecer a oferta do teu negocio
con gas natural.

Fai crecer a oferta do teu negocio
con gas natural.

Incrementa a oferta do teu negocio e obterás máis beneficios:

  •  Atrae máis turismos e frotas de transportistas que xa funcionan con gas natural.
  • Aumenta o consumo tanto de combustibles tradicionais como alternativos (vehículos híbridos).
  • Atende a demanda de combustibles máis respectuosos co ambiente. Cada vez máis xente aposta por eles para aforrar e conseguir a etiqueta ECO da DXT.
  • Surtidores autoservizo. Non necesitarás persoal adicional para realizar as recargas.

 

Para máis información:

Localizador de estacións.

Encontra a estación de carga máis próxima aquí ou ben na nosa App Naturgy Vehicular.

Ademais, ofrecémosche instalar os teus propios surtidores connosco na túa instalación.

Ademais, ofrecémosche instalar os teus propios surtidores connosco na túa instalación.

Somos líderes na distribución do gas natural como combustible de automoción e, por iso, podemos ofrecerche:

  • Asesoramento personalizado. Estudamos o teu caso e ofrecémosche a mellor solución á medida.
  • Proxecto chave en man. Encargámonos do deseño e a construción dos novos surtidores, e con investimento compartido.
  • Xestión global do servizo: subministración enerxética, plan de mantemento e servizo de atención de incidencias 24 horas.
  • Máxima seguridade na instalación da estación de carga.

Ademais, informaremos os nosos clientes con tarxeta Naturgy Vehicular da apertura dun surtidor de gas na túa estación.

Podes instalar surtidores de: 

- Gas natural comprimido (GNC): Este tipo de combustible é adecuado para vehículos lixeiros, camións, autobuses e furgonetas. 

- Gas natural licuado (GNL): Este tipo de combustible é adecuado para camións de longo percorrido. 

Vantaxes de moverte de forma sostible

Movéndote con gas natural minimizas as túas emisións e optimizas o teu gasto de combustible, grazas ás vantaxes da tarxeta de recarga gratuíta de Naturgy.

  •  Sigue o detalle das túas recargas na factura mensual.
  • Dispón de condicións especiais para as túas frotas de vehículos profesionais.
  • Ademais, localiza estacións, consulta recargas... coa App Naturgy Vehicular.

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Económicos. O custo por quilómetro é un 50 % menor que o dun vehículo a gasolina e un 30 % menos no caso dos diésel1.

1 Aforra ata un 50 % de combustible circulando en modo gas, en comparación cun motor de gasolina, e ata un 32 % de combustible circulando en modo gas, en comparación cun motor de gasóleo. Prezos media 2018. Prezo gasolina: 1,29 €/l. Prezo gasóleo: 1,20 €/l. Prezo GNC: 0,95 €/kg. Fonte prezos gasolina e gasóleo: MITECO. Fonte prezo gas natural comprimido: Naturgy.

Medioambientais.

  • Emisións case cero de NO, NO2 e material particulado, principais contaminantes atmosféricos nas nosas cidades.
  • Redúcense as emisións de dióxido de carbono (CO2) ata nun 24%2, contribuíndo así a paliar o efecto invernadoiro.
  • Acústicas. Os motores de gas natural producen menos ruído e vibracións que os motores diésel.

 

2 Redución de emisións respecto ao gasóleo. Fonte CO2: IDAE. Fonte NOX: Greenhouse Gas Intensity from Natural Gas in Transport (elaborado por Thinkstep para Natural & Bio Gas Vehicle Association (NGVA) Europe) 2017.

Ademais, poderás beneficiarte das vantaxes dos vehículos con etiqueta ECO da DXT, como descontos en peaxes e aparcadoiros regulados, e a posibilidade de circular polo centro das cidades durante episodios de contaminación.

O gas natural para vehículos, tamén denominado GNV (Gas Natural Vehicular), constitúe unha alternativa máis económica e sostible aos combustibles tradicionais.

Trátase do mesmo gas natural que se emprega na calefacción ou a auga quente, pero nunhas condicións especiais de presión e temperatura que permite a carga en vehículos: gas natural comprimido (GNC) para turismos e vehículos lixeiros, e gas natural licuado (GNL) para camións pesados e de longo percorrido, xa que proporciona autonomías de máis de 1.000 km.

Os prezos dos vehículos a gas natural non son superiores aos de gasolina ou gasóleo, son moi semellantes. Ademais, as prestacións do vehículo e a súa autonomía son iguais. Os vehículos a gas natural contan cun depósito de gasolina, polo que se pode seguir circulando se remata o gas natural.

Algúns vehículos a gas natural contan cun dobre depósito de gasolina e gas natural para seguir circulando sen necesidade de parar, porque o cambio de combustible se fai de forma automática sen alteracións na potencia do vehículo. Non notarás o cambio de combustible. O proceso de recarga é moi similar ao convencional e realízase en poucos minutos. Consulta aquí como cargar un vehículo a gas natural.

Existen estacións de gas natural distribuídas por toda España e Portugal. En Naturgy contamos con case 40 estacións e cada ano inauguramos máis. Encóntraas todas na app Naturgy Vehicular ou entra en www.naturgy.es/estacionesgasnatural.

  •  

     

    Existe unha extensa gama de vehículos propulsados por gas natural comprimido (GNC) das principais marcas adaptados a calquera necesidade. Consulta o catálogo de Gasnam catálogo de vehículos a gas natural.

 

  •  

     

    Existen numerosas axudas e subvencións para a compra de vehículos a gas natural, así como para a instalación de estacións de recarga de gas natural vehicular, tanto a ámbito nacional como autonómico e municipal. Para máis información, podes consultar a páxina web www.gasnam.es/terrestre/ayudas-y-subvenciones/

 

  •  

     

    Podes pagar con calquera tarxeta de crédito Visa ou Mastecard, e coa nosa Tarjeta Naturgy con la que podrás beneficiarte de múltiples ventajas, descuentos y servicios. Se trata de una tarjeta de oro de crédito MasterCard sin comisiones ni mantenimiento, tecnología contactless y firma con PIN que podrás domiciliar en tu cuenta bancaria habitual y que te permitirá acumular Euros Naturgy con tus compras, y canjearlos por descuentos en tu factura de luz y gas o gastarlos en la Tienda Naturgy. ¡No te lo pienses más y pídela aquí!