Consellos de
iluminación
Consellos de
iluminación
Consellos de iluminación eficiente
Como reducir gastos?
Como reducir gastos?
A iluminación das zonas comúns dunha comunidade de veciños supón un gasto significativo. Para reducir o importe das facturas, abonda con modificar os nosos hábitos de consumo e substituír as luminarias por unhas de maior eficiencia.
Hábitos de consumo
Hábitos de consumo
- Sectoriza a iluminación artificial das zonas comúns, como zonas de paso, relanzos e corredores.
- Instala temporizadores electrónicos ou detectores de presenza que acendan e apaguen a luz automaticamente. Se xa os tes, reduce o tempo de arranque.
- Aumenta o número de interruptores, de xeito que só acendan as luces máis próximas ao lugar onde se encontra o usuario.
- Limpa lámpadas e luminarias para aproveitar o seu rendemento. O po acumulado pode provocar a perda de ata un 10% na iluminación.
Iluminación interior
Iluminación interior
Tubos fluorescentes: substitúe os balastros electromagnéticos por electrónicos. Aforrarás un 25% de enerxía. A mellor opción son os tubos led, que son as lámpadas máis eficientes. Con elas aforrarás ata un 65 %..
Incandescentes: cámbiaas por lámpadas de baixo consumo ou led. Reducirás o consumo enerxético ata un 80 %. Ademais, as lámpadas de baixo consumo duran entre 8 e 10 veces máis que as convencionais. No caso das led, ata 25 veces máis.
Halóxenas: substitúeas por halóxenas de baixo consumo. Conseguirás ata un 40% de aforro. Substituíndoas por led, ata un 85 %..
Iluminación exterior
Iluminación exterior
Substitúe as túas lámpadas de vapor de mercurio por outras de vapor sólido ou de led, que son máis eficientes.
Evita que queden luces acendidas con sistemas de célula fotoeléctrica, que apagan automaticamente a iluminación cando detectan luz natural.
Instala sistemas de iluminación integrados con fonte solar para instalar nas zonas comúns. dende 2007 é obrigatorio para todos os edificios de nova construción.
Solucións de iluminación eficiente
Solucións de iluminación eficiente
Pasa á iluminación eficiente led e aforra ata o
70 % coa tecnoloxía led.