Como solicito unha batería virtual?
A batería virtual é un servizo para que os clientes de autoconsumo con compensación de excedentes poidan almacenar o importe de compensación nun peto virtual (que caduca aos 5 anos).
Dende o momento que tes activada a batería virtual, este importe poderase compensar en facturas posteriores da mesma subministración ou dunha subministración diferente sempre que coincida o titular.
Para gozar do servizo, debes cumprir os seguintes requisitos:
- Ter unha tarifa 2.0 TD residencial con Naturgy compatible coa compensación de excedentes.
- As túas placas solares teñen que estar legalizadas.
- A modalidade autoconsumo con compensación de excedentes ten que estar activada.
Se tes interese en coñecer máis sobre o servizo, fai clic no botón “Batería virtual” que tes a continuación. Dende alí tamén poderás contratalo.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!