Abre a Listaxe FAQs

Facturas

Contratos

Como dar a lectura da luz?

As distribuidoras de luz, por lei , esixen 3 lecturas estimadas para aceptar unha reclamación de lectura, porque en xeral o erro será puntual e quedará corrixido na túa próxima factura. Por este motivo, só se tes 3 lecturas estimadas seguidas recomendámosche dar a lectura.

Para darnos a lectura de luz, sigue estes pasos e utiliza a imaxe que tes aquí:

  1. Diríxete ao teu contador de luz, que será coma un dos que aparecen na imaxe.
  2. Valida que o contador funciona correctamente, tal como se indica na imaxe.
  3. Fai tres fotos, grava un vídeo ou apunta os tres consumos que corresponden aos períodos punta, chairo e val. Para iso, verás que o contador irá rotando os datos na súa pantalla e aparecerán uns códigos para cada período, tal como se mostra na imaxe.

Fainos chegar as lecturas dende este formulario, indicando Lectura como motivo e indica no campo Detalla o motivo da consulta os 3 consumos ou achega os ficheiros coas imaxes do contador ou o vídeo.

Preguntas e xestións relacionadas